As actividades extraescolares que levaremos a cabo este curso serán Arte, Ciencia e Xogo, impartido por Aga Formación os mércores, e Danza e Acrobacia, impartido por Dansá, os xoves. Ambas actividades realízanse na escola en horario de 15:30 a 16:30.
Recordamos que tamén se forma grupo de Natación da Sangriña, e lévase a cabo esta actividade os venres pola tarde na piscina municipal. Se algunha familia aínda quere apuntar no grupo de natación o seu fillo ou filla, que se poña en contacto connosco canto antes a través do correo electrónico ou do noso Whastapp.
Whatsapp: 604 08 49 23
Correo Electrónico: anpaasangrina@gmail.com
Lembrade que todas as actividades comezan en outubro e rematan en maio.
Bo curso, familias!