Convócase unha asemblea xeral ordinaria da ANPA Atalaia, do CEIP A Sangriña, o vindeiro venres 20 de setembro, no patio dianteiro do colexio, ás 20:00, coa seguinte orde do día:
- Información sobre as extraescolares.
- Informacións varias sobre o comedor escolar.
- Aprobación, se procede, da solicitude da subvención do comedor, curso 2024/2025
- Información sobre a concesión da subvención de Igualdade.
- Información sobre diversos trámites administrativos en curso.
- Información sobre o funcionamento do banco de libros e libros dispoñibles.
- Estado das instalacións. Breve resumo do período pasado e proxectos en marcha.
- Renovación da Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas.
Animámosvos a asistir e así saber de primeira man todas as iniciativas e proxectos que se levan a cabo desde a ANPA para todos os nenos e nenas do noso colexio.