Asemblea Xeral Ordinaria

Convócase unha asemblea xeral ordinaria da ANPA Atalaia, do CEIP A Sangriña, o vindeiro luns 27 de setembro, no patio dianteiro do colexio, ás 20:00, coa seguinte orde do día:

  1. Renovación parcial da Xunta Directiva.
  2. Actualización da denominación da Asociación.
  3. Vías de comunicación coas familias.
  4. Comedor escolar.
  5. Subvención do comedor, curso 2020/2021.
  6. Votación para a solicitude da subvención do comedor, curso 2021/2022.
  7. Subvención de Igualdade solicitada e concedida para o curso 2021/2022.
  8. Banco de Libros. Funcionamento e libros dispoñibles.
  9. Suspensión das actividades extraescolares.
  10. bras realizadas ou acadadas pola ANPA e obras pendentes de levar a cabo este curso. Información sobre a reestruturación do comedor, o baño do comedor, elementos do patio, ventás, instalación eléctrica.
  11. Rogos e preguntas.

Lembramos que o uso de máscara é obrigatorio e pedímosvos que vos situedes sobre os círculos de cores que emprega o alumnado para formar as filas antes de entrar en clase, para manter a distancia de seguridade. Agradecemos a vosa colaboración.

A Guarda, 16 de setembro de 2021

O PRESIDENTE

Fernando Coello