Como ben sabedes, o comedor escolar do noso colexio é dependente da ANPA, non da Xunta nin do Concello, e para financiarse non conta nada máis que co pago dos menús por parte do alumnado usuario así como unha pequena subvención da Consellería de Educación para comedores escolares dependentes de ANPAS, coa que damos cuberto os gastos para que o comedor non afecte ás contas da ANPA. Coa pandemia, decaeu drasticamente a demanda do servizo do comedor ao mesmo tempo que vimos incrementados os gastos ao ter que manter dúas monitoras por protocolo sanitario, ademais do gasto derivado de desinfectantes, xeles, máscaras…
A consecuencia inevitable para poder manter aberto o comedor en pandemia foi a subida dos prezos dos menús.
Esta ANPA manifestou desde o primeiro momento a vontade de baixar os prezos en canto se desen as condicións favorables, e queremos comunicarvos que as ditas condicións por fin chegaron. Nos últimos meses, paseniño, foron demandando o servizo de comedor cada vez máis familias. Ao aumentar o número de comensais, por fin é posible rebaixar os prezos. Achegámosvos os novos prezos aplicables desde marzo de 2022.
Con todo, queremos que teñades presente que se as inscricións no servizo de comedor baixasen de xeito considerable, ou se o catering subise os prezos (como cabería esperar, dadas as circunstancias), teriamos que revisar de novo as tarifas.
As novas tarifas serán:
Semana completa, 4 días ou 3 días | 5€/día |
1 día ou 2 días | 5.50 €/día |
Esporádico/a | 6 €/día |
Non socios/as | 7 €/día |