Biblioteca das mulleres pioneiras

Nas aulas comezaron a traballar o Proxecto de Centro “As Mulleres Pioneiras” e para tal fin desde a ANPA, e grazas á subvención da Secretaría Xeral de Igualdade, puidemos fornecer á biblioteca escolar Bibliopepiño dos necesarios fondos bibliográficos para afondar nesta temática. Velaquí presidente e directora no emocionante momento de entrega dos contos:

Foi un auténtico placer poder colaborar tan estreitamente co colexio e poder participar dos seus ilusionantes proxectos. Unha experiencia moi gratificante!

Queremos animarvos a formar parte da ANPA e a colaborar connosco para poder seguir levando a cabo proxectos coma estes. 

Desde aquí queremos agradecer especialmente ao profesorado coordinador do proxecto do patio, ao equipo da Bilioteca e ao equipo directivo do colexio a súa inestimable axuda, a súa implicación con este proxecto e a súa enorme xenerosidade.