Recentemente a Consellería publicou o calendario escolar do vindeiro curso 2021/2022. Podedes consultalo aqui:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210604/AnuncioG0598-210521-0001_gl.html
Lembrade que falta por fixar o día non lectivo propio do centro.
Queremos informarvos de que esta ANPA solicitou por escrito á Dirección do colexio que procure coordinarse cos demais centros públicos da vila na escolla do día non lectivo, tal é como indica o calendario da Consellería, xa que entendemos que o contrario conleva importantes problemas de conciliación ás familias. Solicitamos tamén que as familias sexan informadas o antes posible sobre cal vai ser o dito día non lectivo.