Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria

Convócase unha asemblea xeral ordinaria da ANPA Atalaia, do CEIP A Sangriña, o vindeiro venres 20 de outubro, no patio dianteiro do colexio, ás 20:00, coa seguinte orde do día:

  1. Información sobre as extraescolares.
  2. Informacións varias sobre o comedor escolar.
  3. Aprobación, se procede, da solicitude da subvención do comedor, curso 2022/2023.
  4. Información sobre a concesión da subvención de Igualdade.
  5. Información sobre diversos trámites administrativos en curso.
  6. Información sobre o funcionamento do banco de libros e libros dispoñibles.
  7. Estado das instalacións. Breve resumo do período pasado e proxectos en marcha.
  8. Renovación da Xunta Directiva.
  9. Rogos e preguntas.

Queremos pedirvos encarecidamente a vosa asistencia. Cómpre que desta asemblea saia unha xunta directiva renovada, posto que a actual directiva xa rematou o seu período de vixencia. Precisamos da vosa implicación e compromiso, porque, de non reunir persoas suficientes para a dita renovación, a ANPA correría o risco de disolverse, e perdiamos para o colexio dos nosos nenos e nenas todos os servizos a apoios que depedenden da ANPA (comedor, extraescolares, festas, banco de libros, subvención de igualdade e calquera outra iniciativa que xorda no futuro).