Enquisa plan madruga

Desde a ANPA estamos estudando a posibilidade de implantar o Plan Madruga no colexio o vindeiro curso 2020-2021. Sabedes en que consiste?

Que é o Plan Madruga? Trátase dunha medida de conciliación familiar e laboral, unha aula lúdica na que deixar os nosos fillos e fillas antes de que comece a xornada escolar.

A quen vai dirixido? Ás familias que teñen dificultades para deixar os fillos no colexio por incompatibilidades horarias cos seus traballos. Nalgúns casos vemos que polo nosos horarios é
complicado, ou incluso imposible, poder levar aos nenos á escola. Ás veces conseguímolo, pero con boas doses de estrés ata dar cadrado todos os horarios familiares. Outras veces tiramos de avós ou tíos… A aula madruga soluciona todos estes problemas, fainos a vida diaria máis sinxela e descarga de traballo os avós. Por esta razón queremos aula madruga no noso colexio.

Para que idades está pensado? Desde os 3 anos en adiante.
Como o faremos? Unha monitora certificada recibirá no comedor os nenos e nenas a partir das 7:30 e atenderaos ata as 8:30, hora na que os acompañará á fila.
No tempo que pasen na aula madruga poden ler, xogar, almorzar… A monitora levará a cabo diversas propostas de xogo e lecer, para comezar a mañá dunha forma tranquila e alegre.
Canto me vai custar? O servizo só supón un coste aos usuarios que se inscriban. As tarifas da empresa que o xestinaría son:
● Mes completo: 25€.
● Día solto: 4€
● Os irmáns terían un desconto do 10%.
Para que saia adiante o Paln Madruga, precisamos un grupo mínimo de 12 alumnos e alumnas.

Se non vous chegou a enquisa no sobre de ir e vir ou se se perdeu, podedes imprimila e entregala no cole o antes posible na seguinte ligazón: