Excursión a Amarante

Estimadas familias, este ano a ANPA da Sangriña organiza unha excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal) o sábado 15 de Xuño.
Os nenos deben ir obrigatoriamente acompañados dun familiar ou titor, que se fará cargo do/s neno/s en todo momento.
A excursión será todo o día, pódese comer alí ou levar comida e merenda da casa.
O desprazamento poderá ser en autobús, con saída dende o cole, para nenos e adultos acompañantes, o prezo son 9 euros para no socios da ANPA e 5 para socios.
As familias que o desexen poden levar os seus vehículos particulares.
As tarifas do parque son:
● Menos de 5 anos: Gratis
● De 5 a 11 anos: 6,00 €
● De 12 a 64 anos: 11,00 €
Imprescindible confirmar asistencia antes do 25 de Maio por cuestións organizativas.

Información adicional:

  • Levar a tarxeta sanitaria europea.
  • Os acompañantes maiores de 65 anos pagan 6,00 €.
  • Poden ir amigos e familiares.

Os interesados deben entregar a seguinte folla no cole aportando a información solicitada:

Descargar folla de inscrición