FALADOIRO: DESCONECTAR PARA CONECTAR

Na ANPA Atalaia estamos preocupadas polo impacto das pantallas na infancia e o acceso temperán aos móbiles. Por iso, queremos invitarvos a participar nunha serie de accións para reflexionar e actuar en comunidade.
Toma nota das datas!

🗣️ Faladoiro “Desconectadas para conectar”. Impartido por Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental, experto en adiccións tecnolóxicas e activista de Adolescencia Libre de Móbiles.
Cando: venres, 17 de abril ás 18:00 h.
Onde: salón de plenos do concello.
Conciliación: servizo de conciliación/canguraxe de balde.

🖼️ Exposición: “Impacto das pantallas na infancia”. Un percorrido visual para entender como a tecnoloxía afecta ao desenvolvemento dos máis novos.
Cando: do 9 ao 17 de abril.
Onde: salón de plenos do concello.
Escolas: a exposición ten un alto valor didáctico, polo cal animamos aos centros a visitala co alumnado usando estes materiais:
Descargar Folleto de apoio: https://escuelasaludable.org/wp-content/uploads/2025/12/folleto.exposicion-gal-web-BN.mediacalidade.pdf
Descargar Guía docente: https://escuelasaludable.org/wp-content/uploads/2025/12/Diptico-Exposicion-WAKE-UP.pdf

🧠 Faladoiro “Cerebro e pantallas”, impartido por María Couso, mestra, pedagoga e especialista en neuroeducación. Organizado en colaboración co Concello e as ANPAS do municipio.
Cando: xoves 30 de abril, ás 18:00 h.
Onde: centro cultural.
Conciliación: servizo de conciliación/canguraxe de balde.

✍🏽Únete ao Pacto “Adolescencia Libre de Móbiles”. Non estás soa nin só nesta decisión. Queremos atrasar a entrega do primeiro móbil o máximo posible e, para iso, a unión fai a forza.
O que debes saber: é un compromiso simbólico que non obriga a nada, protexe os teus datos e serve para visibilizar que moitas familias compartimos a mesma visión.
👉🏽 Asina aquí: http://pacto.adolescencialibredemoviles.es

👋🏻 Vémonos nos faladoiros!

ANPA Atalaia.