Festa de Nadal 2025

O vindeiro 18 de decembro ás 16 horas celebraremos a Festa de Nadal no cole. Este ano a entrada será gratuita para as familias socias da ANPA e custará 3 euros para as familias que non sexan socias.

Contaremos coa actuación de “Magia en la Manga” e haberá chocolate e sorteos.

A festa é para alumnado e familia e o alumnado ten que vir acompañado dunha persoa adulta responsable.

A festa terá lugar no patio traseiro do cole.