De 15:30 a 18:30 o vindeiro mércores 21 de decembro, no patio do colexio.
Merendaremos chocolate, bailaremos na discoteca infantil, practicaremos xogos populares e ademais a rapazada poderá saltar nun inchable poderá ver unha película de nadal. Tivemos que suspender o inchable pola previsión meteorolóxica.
Festa organizada pola ANPA, toda a comunidade educativa é benvida!
O alumnado debe vir acompañado por un familiar.
Entrada de balde para familias asociadas, 5€ por familia non socia.
