O concello da Guarda, en colaboración con todos os centros educstivos e as ANPAS, organizou unha multitudinaria festa infantil o 19 de xuño no Castelo de Santa Cruz.
Xogos populares, inchables, ioga, casetas de feira ou rocódromo foron algunhas das actividades desta mañá diferente, na que a merenda correu a cargo da ANPA: unha bolsiña individual de papel que contiña unhas galletas, un plátano e unha botella de auga.