Xa podedes solicitar a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (préstamo de libros) e AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR (vales de material) para o alumnado de Primaria.
Podedes recoller as solicitudes no colexio e entregalas de novo cubertas en maiúsculas e letra clara, xunto coa documentación necesaria:
Fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia.
Noutros casos:
Sentenza xudicial.
Certificado de convivencia.
Certificado de discapacidade.
O horario co centro para realizar esta xestión é:
De luns a venres de 8:30 a 9:20 e de 11:00 a 11:45h.
Os martes tamén de 15:30 a 17:30h.
As solicitudes tamén poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: do 20 DE MAIO ao 22 de XUÑO de 2021.
Para calquera consulta ou aclaración, chamade ao teléfono do colexio: 886 110 081
A orde da convocatoria está dispoñible no adxunto.