Información sobre Terapias Artísticas

Moitas familias estades preguntando en que consiste esta actividade extraescolar que é novidade este curso. A profesora que a imparte fainos chegar unha pequena presentación que agardamos que vos aclare un pouquiño as dúbidas.

As terapias artísticas (arteterapia, teatroterapia, musicoterapia e danzaterapia) combinan a expresión artística coa terapia e poden ser usadas con intención rehabilitativa ou de estimulación cando existen problemas concretos, como son o déficit de atención, a discapacidade psíquica, a cegueira, a xordeira, as enfermedades mentais, a drogadicción, o Alzheimer, o Parkinson etc. Pero tamén son moi útiles na escola para promover a intelixencia emocional, aínda que non existan problemas específicos.
Neste caso as terapias artísticas utilizan a expresión artística para favorecer a expresión de emocións e o crecemento persoal sen ter que usar para iso as palabras. Desta maneira, pintando, bailando ou facendo música, os nenos e nenas, poden abrirse con máis facilidade elaborando os pequenos e grandes conflitos cotiáns e reforzando a propia estima. Ao mesmo tempo desenvolven a creatividade e as habilidades sociais, como son a empatía, a colaboración e o respecto das diferenzas.

Utilizando as artes non verbais (música, plástica, teatro e danza) como vehículo principal de expresión e comunicación, ofrécense unha serie de experiencias, plásticas, xestuais, motrices e sonoras que promoven a apertura dun espazo pluripotencial con intención terapéutica, para a elaboración de emocións, a adquisición de autoestima e autocoñecemento, a valorización da diversidade e a integración social.

O curso está estruturado en 6 bloques: Apertura, Arterapia, Musicoterapia, Danzaterapia, Teatroterapia e Peche con actuación final. A ratio máxima é de 15 persoas. Precisa material diverso, similar ao utilizado na escola para as aulas de música e de plástica e un espacio amplo para moverse con liberdade.

Imparte: Cristal Méndez, Mestra de Música pola Universidade de Barcelona e Master en Artiterapie pola Universidade de Roma 3. Con estudos de música e canto (jazz) ten un longo percorrido e ampla experiencia internacional no ensino musical para todas as idades.