Medición da concentración de CO₂ no comedor.

No contexto actual é moi importante medir a concentración de CO2 nos espazos interiores e vixilar a calidade do aire para mitigar a propagación do coronavirus. Por esta razón, a ANPA realizou onte unha medición no noso comedor escolar e os resultados foron tranquilizadores, posto que a concentración de CO₂ no comedor, coa ventilación habitual destes días e unha afluencia media de comensais, é moi similar á do patio, ao aire libre. Ás 14:00 h a concentración de CO₂ era de 483 ppm.
Esta medición repetirase periódicamente, a fin de axustar a ventilación do comedor para garantir a calidade do aire e a maior seguridade posible para todas as persoas usuarias.

A ANPA quere transmitir o seu agradecemento ao IES A Sangriña e á súa ANPA, que colaboraron prestando o medidor, e á nai asociada, Paula Orta, parte activa nas tarefas de medición e interpretación dos datos.