Comezamos o curso limpando e arranxando o comedor, xa que estaba moi abandonado. Entre outras intervencións fixéronse as seguintes:
Reposición de azulexos rotos.
Reparación da porta e das mosquiteiras.
Pintado e decoración con vinilos.
Eliminación dos estantes, moi deteriorados, e compra de mobles novos.
Compra de vasos individuais para deixar os cepillos de dentes, cos nomes de cada neno.
Compra dun relo de parede.
Compra de elevadores para os lavabos.
Compra de material de pintura e varios xogos.
Contratación dunha nova monitora e redacción de normas do comedor para os nenos e as monitoras.
Nova Web da ANPA. www.anpaasangrina.com
Creación dunha carpeta compartida na “nube” con toda a documentación da Asociación á que pode acceder calquera membro da directiva.
Encargámonos ou estámonos encargando de organizar as seguintes actividades:
Organización de actividades extraescolares. Este ano foron: baile, inglés, zumba, balonmán, cociña e manualidades.
Recollida de sinaturas para solicitar unha reunión co Delegado de Educación para falar do estado da escola. Grazas a recollida este ano arranxaron os baños de fora que faltaban.
Chocolatada de Nadal.
Excursión a Amarante.
Festa fin de curso. Para os de último ano compramos dúas túnicas e varios gorros para as fotos de orla.
Tivemos catro reunións co Concello, dúas co candidato do PP á alcaldía da Guarda e unha co Delegado de Educación da Xunta de Galicia:
Reunión coa Concelleira de Cultura onde lle comentamos o estado deficiente no que se atopaba o comedor e comprometeuse a facer unha serie de reparacións, entre outras , repoñer os azulexos que caeran, pintar, arranxar unha mosquiteira e arranxar a porta de fora. Ao longo de curso fixeron a meirande parte das intervencións acordadas.
Reunión co alcalde pola caida dalgúns ladrillos na fachada. Comentounos que iso dependía de Educación e que xa mandaran un informe e que a comunicación con Educación non era óptima.
Reunión co candidato do PP, Roberto Carrero. Comentámoslle a situación da fachada e outras carencias da escola e dixo que ía tentar conseguirnos unha reunión co Delegado de Educación. Tivemos a reunión á semana seguinte.
Reunión co Delegado de Educación César Ares a que tamén asistiu a directora da escola, unha inspectora de Educación e un par de técnicos da Xunta. Na reunión comentamos a situación da fachada e dixéronnos que é o Concello que ten que facer un informe detallado e se fora necesario ao mirar os resultados encargaríase Educación de arranxala. Falamos tamén do noso interese por conseguir de novo unha praza de A.L. , pero parece pouco probable que a vaiamos a conseguir dadas as necesidades da escola. Pedimos tamén o desdobramento de primeiro para o ano que ven e parece ser bastante probable que o vaiamos a conseguir. E sobre outras necesidades antigas da escola, como son o arranxo dos baños que faltan e o cambio das ventás comprometeuse a rematar de arranxar os baños este verán e a comezar o cambio das ventás a partir do ano que ven.
Reunión co Alcalde e a Concelleira de Educación. Nesta reunión falamos dos acordos con Educación e trasladámoslles a necesidade de que sexa o Concello o que faga o informe sobre o estado da fachada. Uniuse a reunión o Aparellador Municipal e asumiu que tería que ser o Concello quen faga o informe. A día de hoxe non temos constancia de que se teña feito. Nesa falamos do mal estado xeral do centro e pedíronnos que fixéramos un informe das deficiencias de mantemento da escola. Preparamos un informe de 25 páxinas cunhas 60/80 fotografías de necesidades de reparación de todo tipo.
Reunión con Roberto Carrero. Quedamos con el de novo para falar dos acordos aos que chegamos con César Ares. Ofreceuse a estar pendente de que iría cumprindo o que dixo.
Reunión coa Concelleira de Educación. Presentámoslle o informe dos arranxos necesarios e comprometeuse a tentar arranxar a meirande parte deles, entre outros antes do novo curso a:
Pintar as 6 aulas en peor estado.
Arranxar todos os enchufes en mal estado.
Cambiar a parte inferior dos canlóns da fachada que están moi oxidados e repoñer o tramo que falta no tellado.