Memoria 2020-21

  1. Rexistro de familias asociadas e xestión do seguro escolar.
  2. Decisión de cancelar as actividades extraescolares este curso por non poder cumprir cos protocolos sanitarios e os grupos burbulla.
  3. Decision de suprimir as tradicionais festas da ANPA este curso por non poder cumprir cos protocolos sanitarios e os grupos burbulla.
  4. Desde que se formou a nova directiva, regularizamos a nosa situación coa Axencia Tributaria e comezamos a presentar os xuros aos que estamos obrigados. Encárgase diso unha asesoría especializada en ANPAS que nos presenta o 347, o Imposto de sociedades e o 200.
  5. Elaboración dun folleto informativo sobre a ANPA, por petición do colexio, e distribución entre as familias.
  6. Solicitude da subvención para comedores escolares das ANPAS e concesión (829,65 euros euros). 
  7. Frecuentes chamadas a Comedores Escolares á espera dun protocolo específico de comedores por parte da Consellería.
  8. Elaboración cun avogado dun protocolo de seguridade sanitaria para o Comedor escolar. Rexistro de limpeza, rexistro de comensais. 
  9. Preparacion do espazo do comedor escolar. Medición de distancias, sinalización dos postos dos comensais, instalación das mamparas, dotación de papeleiras, viricidas, máscaras, papel, xel hidroalcohólico. Todo comprado no comercio local.
  10. Tras a apertura do comedor, medicións de CO2 para verificar a calidade do aire coa ventilación cruzada (medidor prestado polo instituto). Boa calidade do aire.
  11. Revisión e axuste das mamparas pasados uns días da apertura.
  12. Solicitude ao concello de colaboración económica ás ANPAS, dado que non pode asumir todos os gastos derivados da pandemia.
  13. Reunións coas outras ANPAS para facer balance de gastos e solicitar reunión conxunta no Concello a fin de pedir axuda económica. 
  14. Reunión celebrada con Fátima no concello con todas as presidencias das ANPAS (Sangriña, Sinde, Solanas) e compromiso por parte do Concello de ofrecer unhas axudas ás ANPAS por gastos covid.
  15. Celebración das charlas de Igualdade subvencionadas integramente pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Este ciclo de charlas responde a un proxecto elaborado por esta ANPA, que foi presentado á subvención, a cal foi concedida.
  16. Banco de libros. Reunímonos coa ANPA da Mata e coa ANPA do IES para coñecer como funcionan os bancos de libros das ANPAS, complementarios ao Fondo Solidario. Reunímonos coa difectora do colexio para coñecer o funcionamento do Fondo Solidario. Enviamos circular informativa ás familias, e posta en marcha do noso banco, mediante doazóns. 
  17. Colaboración cos fondos da ANPA na renovación do patio. Compra de elementos do circuito de equilibrio deseñado polo colexio.
  18. Lei de protección de datos. Recordamos á dirección do colexio que por protección de datos os datos persoais do alumnado non poden ser publicados na web corporativa, polo cal documentos como a resolución do Fondo Solidario non poden estar pendurados na web.
  19. Solicitamos por escrito á Dirección do colexio que, tal como indica a Orde que recolle o Calendario escolar de Galicia, os centros da mesma localidade deben porse de acordo na elección do día non lectivo, para evitar que o CEIP e o IES escollan días diferentes, o cal dificulta a conciliación familiar de moitas familias.
  20. Escoitamos as demandas do colexio en canto a necesidades materias e persoais, a fin de apoiar para conseguir melloralas, persoais: unha praza de inglés, unha praza de AL, unha praza de orientación. Materiais: substitución das ventás, revestimento das columnas do patio traseiro.
  21. O Concello cumpriu unha promesa que nos fixera hai dous anos e arranxou o baño do comedor, que estaba en moi mal estado. Queremos agradecer desde aquí o seu compromiso e interese.
  22. En marzo de 2021 solicitamos a subvención da Secretaría Xeral da Igualdade, para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia. 

    A contía máxima da subvención é de 3.000 euros por asociación; á ANPA Atalaia concedéronselle polo seu proxecto 2980,00 euros. 

    O proxecto presentado titúlase “Patio das mulleres pioneiras” e ten dous eixos: a axuda ao colexio na remodelación do patio, proxecto que xa iniciaran no centro hai anos, e doutra banda, a formación coeducativa a familias. Estas accións levaranse a cabo no primeiro trimestre do curso 2021/2022, e a memoria e xustificación de gastos, en decembro de 2021. 

    O proxecto do patio é moi amplo, e incluso as mulleres pioneiras pasou a ser o proxecto de centro do curso 2021/2022, pero as accións subvencionables da ANPA no patio son modestas, dada a contía da subvención, e consistirán na creación dun mural centrado nos logros das mulleres alpinistas (especialmente Edurne Pasaban), e a instalación dun rocódromo sobre o mural.