O vindeiro xoves abrimos o comedor

Desde a ANPA informamos de que abriremos o comedor o vindeiro 1 de outubro cos menús a un prezo de 5,90 euros. Mañá ás 20 horas teremos unha reunión con todos os pais e nais interesados no patio dianteiro da escola.

Adxuntamos o protocolo COVID que será moi interesante que lean todos os pais antes de mandar aos fillos ao comedor.