Resumo da asemblea 1 de marzo de 2024

As novas normas do comedor escolar quedaron aprobadas por unanimidade na asemblea do pasado venres 1 de marzo. As normas recollen asuntos básicos de alimentación, hixiene e convivencia, e son un espello das NOF do CEIP A Sangriña (Normas de Organización e Funcionamento), das que, ademais, forman parte.

Cómpre destacar algúns cambios respecto das rutinas ata o momento, como que a recollida de nenos e nenas queda fixada en quenda única ás 15:30, e as familias que precisen recoller nun horario diferente (debidamente informado ás monitoras), terán que timbrar no telefonillo do portal e acceder polo patio traseiro ata a porta do comedor, onde recollerán o neno ou nena (sen acceder ao comedor).
Ademais, é necesario entregar ás monitoras o formulario de persoas autorizadas cuberto, ao longo deste mes de marzo.
Outra novidade consiste en que os días de ausencia xustificada, debidamente informada antes das 9:00 da mañá, non serán cobrados.
Desde este mes, debido ao aumento no número de comensais, contamos cunha segunda monitora. Aínda así, o prezo do menú non variará (mantense en 6€ para socios/as), xa que acabamos de recibir a subvención para comedores escolares dependentes de ANPAS, nesta ocasión cunha dotación de 3.060€, co cal é asumible desde a asociación o gasto que xenera a segunda monitora.

É moi recomendable que as familias usuarias do servizo de comedor leades atentamente as normas, para asegurarvos de que os vosos fillos e fillas as coñecen e fan por cumprilas, para que o comedor escolar sexa un espazo educativo máis no que haxa unha boa conviencia, tranquila e familiar.