Extraescolares 2023-24

Oferta de actividades extraescolares organizadas pola ANNPA ATALAIA no CEIP A Sangriña.

Horario: comezo ás 15:30 h. Lugar: CEIP A Sangriña.

● Este curso vindeiro, as ANPAS dos tres colexios públicos da Guarda decidimos, a fin de poder ampliar a oferta, de conseguir as inscricións mínimas para as actividades e tamén de facer comunidade, ofrecer unha programación conxunta de extraescolares para o alumnado dos tres centros. Deste xeito, o alumnado do CEIP A Sangriña, asociado á ANPA Atalaia pode inscribirse nas extraescolares de calquera dos tres centros: A Sangriña, Solanas ou Sinde.
Serían as familias as encargadas de achegar os nenos e nenas aos outros centros escolares, e o comedor seguirá sendo un servizo exclusivo para o alumnado de cada colexio.
● É requisito para se inscribir nas extraescolares ser socio ou socia da ANPA.
● As actividades extraescolares pagaranse directamente ao profesorado que as imparta.
● O alumnado de comedor xa é recollido polos monitores de extraescolares no propio comedor escolar.
● En caso de calquera imprevisto que impida a asistencia do estudante ou do profesorado, a comunicación farase directamente entre pais e nais e profesorado da extraescolar.
● Algunhas actividades requiren un mínimo de alumnado: dependerá do número de inscricións que a actividade saia adiante.
● As actividades teñen que organizarse luns, mércores e xoves por cuestións organizativas do propio colexio.
● Prazo de inscrición: a partir de setembro.
● Inicio das extraescolares da ANPA: A concretar en setembro.

Obradoiro de TEATRO
Organizado pola asociación local FOCO.
Impartido por Juan Escalona e Yakup Hatirli.
Grupos de 8 a 14 participantes.
Idades: de 1º a 6º de Primaria.
Prezo: 20€ mensuais.
Seguro de responsabilidade civil incluído no prezo.
Duración: hora e media (15:30 – 17:00 h.).

Arte e xogo
Organizado por AGA Formación.
Impartido por Angelina Gándara.
Actividade que combina varias disciplinas artísticas enfocadas dun xeito lúdico. Imos experimentar técnicas artísticas (acuarelas, pintura en textís, tintas etc.) reciclar, xogar con música, con barro, cas cores etc. Non se trata de facer só manualidades, se non de gozar do proceso creativo experimentando dunha forma divertida.
Grupos de 8 a 14 participantes.
Idades: a partir de 5 anos.
Materiais incluídos no prezo.
Seguro de responsabilidade civil incluído no prezo.
Prezo: 20€ mensuais.
Duración: hora e media (15:30 – 17:00 h.).

Scrapbooking
Organizado por AGA Formación.
Impartido por Angelina Gándara.
Descrición da actividade: o scrapbooking é unha actividade manual e creativa na que se traballa con diversidade de materiais: papeis decorados, adhesivos, adornos de tea, troqueles etc. Naceu como unha forma de gardar recordos, sobre todo fotografías, e acompañalos de textos persoais.
Hoxe en día, ademais de albumes de fotos tamén se fan todo tipo de manualidades, polo que encaixa perfectamente para público infantil.
Nesta actividade faríamos un álbum de fotos do curso escolar, dedicando para el o primeiro día de actividade de cada mes.
Así, nenos e nenas, poden ver como cambian ao longo do curso. Tamén pequenas manualidades experimentando con tintas, troqueles, soportes (caixas, marcos de fotos etc.).
Grupos de 8 a 14 participantes.
Idades: a partir de 5 anos.
Materiais incluídos no prezo.
Seguro de responsabilidade civil incluído no prezo.
Prezo: 23€ mensuais.
Duración: hora e media (15:30 – 17:00 h.).